13 abr. 2016

"CONFERENCIA MEDIOAMBIENTAL" DOS ALUMNOS DE 3º ESO.

Dentro do  proxecto que os alumn@s de 3º da ESO, orientados por un grupo de profes e profas, están levando a cabo sobre os impactos medioambientais, celebróuse no Fontem Albei unha conferencia protagonizada polo alumnado de dito curso. Por parellas, micro en man e perfectamente ataviados, todo hai que decilo, presentaron os seus proxectos. As temáticas que traballaron versaron sobre a contaminación da auga, contaminación do aire, deforestación, destrución do medio natural, diminución da biodiversidade, xeración de residuos, quencemento terrestre e  incendios forestais. 
Todos estaban baixo a atenta mirada dun público disposto a votar á mellor política ecolóxica, xa que algúns estaban formalmente acreditados como "eurodiputados" e serían os encargados de dirimir sobre cal sería a proposta gañadora. Pero tamén expresaron o seu  xuízo algúns profes que, baixo serios criterios de avaliación e rúbricas, decidirían si os poñentes eran ou non competentes na materia. Todo moi profesional pero tamén moi divertido porque os nervios que presentaban os poñentes nas horas previas ao evento, foron quedando olvidados e o humor fixo acto de presencia no debate posterior.
Os nos@s particulares conferenciantes demostraron unha boa capacidade oratoria, así como unha gran creatividade nalgunhas das posibles solucións aos problemas medioambientais.


Exposición de material bibliográfico sobre os temas a tratar na conferencia que podedes atopar na biblioteca .


En breve estarán as fotos do cumio no Facebook do instituto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario