16 dic 2015

BOAS FESTAS E AGRADABLES LECTURAS...

Que mellor agasallo, para un mesmo e para os demáis, que disfrutar tranquilamente dun bo libro ou dunha película. Aquí  deixamos algunhas das vosas recomendacións   para  aproveitar no Nadal.





Algunhas das  referencias dos libros que recomendastes para iste Nadal están "colgadas" da árbore que fixeron os alumn@s de 3º da ESO e de 1º de Bac, aproveitando as "mans violetas" do Día contra a Violencia de Xénero. E que somos así de apañadiños...








Que borrosos... quen son?


As pelis que están no andel central da biblioteca, na exposición de "Dereitos Humanos e cine", son una moi boa opción para levar a casa nestas vacacións. E tamén tedes una escolla de libros xunto a nosa particular árbore navideña.














LLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLLPDDD



13 dic 2015

DEREITOS HUMANOS E CINE




O cine entretén, emociona, entristece, pero tamén nos fai pensar e reflexionar sobre o mundo; de aí que sexa un bo recurso educativo para sensibilizarnos sobre dereitos sociais.
Neste 10 de Decembro, Día Internacional dos Dereitos Humanos, presentámosvos unha escolma de películas, que tedes á vosa disposición na biblioteca, para que, ademáis de pasar un bo rato, pensemos na importancia duns dereitos naturais que deberían ser sempre obxecto de respecto por parte de todos e en todas partes.


 Cada un dos 30 artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos vai acompañado de recomendacións cinéfilas que, como xa estamos preto do Nadal, podedes disfrutar no voso tempo de lecer.
Podedes curiosear as distintas películas escollidas  e atopar información sobre a historia dos Dereitos Humanos na exposición da biblioteca.
 Animádevos a levar algunha para Nadal!!!








 


26 nov 2015

 

A NÓS SI NOS IMPORTA....      

e por iso o 25 de Novembro levamos algo violeta para solidarizarnos coas vítimas da violencia de xénero, unha vergoñenta lacra social.

Corenta e oito mulleres mortas a mans das súas parellas ao longo do 2015. Mortes que simbolizan a morte da dignidade humana.

 


No corredor do instituto recordamos os nomes das coerenta e oito vítimas da violencia de xénero en España no 2015.
.






 

 

 

 

 

 

 

  Alumnos e alumnas de todos os cursos "decoraron as súas mans violetas" con símbolos e mensaxes contra a violencia de xénero. 



 

 

 

 

 

 

 


 

  

 

Todos queremos Amores que non matan e para que así sexa, o alumnado de 3º da ESO propón valores para as relacións saudables. "Quérote sen violencia cando..."



 

17 nov 2015

O DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA

A UNESCO propuxo que  cada 3º xoves do mes de Novembro se recordaría a importancia da Filosofía como "disciplina que estímula o pensamento crítico e independente, e é capaz de traballar en aras dun mellor entendemento do mundo, promovendo a paz e a tolerancia".
 Para conmemorar este 19 de Novembro, convocamos o concurso: "Pensamentos en imaxes", dirixido @s alumn@s de 1º de Bacharelato. Para concursar deben presentar un aforismo dun pensador e buscar unha imaxe (foto, viñeta, debuxo...) que explique ou aclare o sentido da mesma. Ademáis deben engadir unha breve explicación do mesmo.
O xurado será o departamento de Filosofía e os alumnos de 2º de Bacharelato. Os gañadores serán "premiados académicamente".

 


6 nov 2015



Chegou Halloween ao IESP Fontem Albei e  a  nosa biblioteca  vestíuse de misterio e terrorrrrr!!!








Ademáis fixemos unha selección de libros para que as vosas lecturas estiveran cheas de tremores e temores. Entre outras: "Asústate Merche! de Fina Casalderrey, "As mans do medo" de Xosé Miranda, "Crónicas de la Torre" de Laura Gallego e  tamén  obras de Ágatha Christie, de Stephen King...









Incluso as portas do noso centro escondían escuras mensaxes...



E os alumnos e alumnas de plástica expuxeron no Rincón dos Artistas estas marabillosas caveiras:

25 oct 2015

Para ilustrar a "viaxe" que fixeron os alumnos de 1º da ESO para coñecer a biblioteca, eles mesmos elaboraron un cartel que  estivo exposto á entrada da mesma:

























22 oct 2015

NO MES DE OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, OS ALUMNOS DE 1º DA ESO VAN DE "VIAXE"...

Este curso, celebramos o mes das bibliotecas escolares cunha viaxe moi especial. Os alumnos e alumnas de 1º da ESO "voarán" pola biblioteca para coñecer os segredos que se agachan nela. Os guías de tal viaxe serán os nosos ilustres axudantes de biblioteca, voluntariosos alumnos e alumnas doutros cursos que lles axudarán a explorar os máis recónditos lugares. Explicaránlles cómo funciona a biblioteca, entregaránlles os carnés e incluso lles falarán dalgunhas obras que leron. Ademáis todos terán algún pequeno agasallo.
Esperamos que descubran que "os libros son paxaros con cen ás para voar"!!!