23 abr 2012

DÍA DO LIBRO 2012

Este ano conmemórase o centenario do poeta Celso Emilio Ferreiro Míguez (Celanova, 1912-Vigo, 1979) un dos máximos representantes da poesía social e politicamente comprometida coa cultura de Galicia. Foi o fundador das Mocedades Galeguistas en 1934 e cofundador da UPG (Unión do Pobo Gaelgo) en 1964. En 1966, sentindo moi próximo o alento da persecución das forzas represivas do réxime franquista, emigra (máis ben habería que falar de exilio) a Venezuela onde permanece ata 1973. Nese ano regresou a España e instalouse en Madrid.
Na súa obra destacan títulos como: O soño asulagado (1955), Viaxe ao país dos ananos (1968), Terra de Ningures (1969), Onde o mundo se chama Celanova (1975) ou, sen dúbida o máis coñecido, Longa noite de pedra (1962) no que plasma o seu antibelicismo, o rexeitamento da opresión política e as ansias de liberdade. En 1989 dedicóuselle o Día das letras galegas.
No IES Fontem Albei, coincidindo con esta efeméride, decidimos celebrar o Día do libro lendo en voz alta anacos de poemas deste gran escritor galego ademais doutras actividades que podedes ver no facebook. Este é o resultado:

2 comentarios:

  1. Parabéns polo voso traballo. Co voso permiso enlazámolo no noso blogue.

    ResponderEliminar
  2. Por suposto que tedes o noso permiso, faltaría máis. Grazas mil.

    ResponderEliminar