26 oct 2011

EU TEÑO MEDO

Ata a súa conversión ao cristinanismo, o Samaín foi a celebración máis importante do calendario celta. Representaba o ritual da última colleita e o regreso dos rabaños aos cortellos. Os celtas asociaban a noite do Samaín co momento no que o mundo dos mortos se abría ao mundo dos vivos, o que convetía esta celebración no momento idóneo para recordar e render culto aos devanceiros falecidos.

Durante a noite do Samaín, os espíritos volvían camiñar sobre a terra, eran benvidos e preparábanse alimentos para eles. En cambio, as almas malignas debían ser escorrentadas para o que os celtas introducían velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos e colocábanas nos cruces dos camiños e os castros.

Nestes días, nos que a xente acode aos camposantos e as ánimas nos visitan, aproveitamos para falar dos medos e plasmalos neste vídeo. O pretexto foi o epílogo da novela Cando petan na porta pola noite de Xabier P. Docampo da que fixemos unha versión libre. A nosa idea era despertar curiosidade pola lectura do xénero de misterio e terror facendo tamén un guiño ao cine desa mesma temática. O resultado podédelo ver a continuación:

1 comentario:

  1. Non é nada doado falar dos propios medos en voz alta. Polo tanto, os meus parabens máis calorosos para estes mozos e mozas tan valentes.

    ResponderEliminar