29 oct 2023

Seguimos lendo

Ola lectores,

Seguimos lendo. A partir de mañá teredes dispoñible o fragmento dous do Diario. Se queredes comentar algo máis do primeiro fragmento podedes facelo na entrada anterior. Animádevos a compartir as vosas opinións. 

Un saúdo e boas lecturas



22 oct 2023

Esta semana comentamos o primeiro fragmento

 

Empezamos a comentar: Fragmento 1 (páxinas 21-47)

Ola lectorxs, Como foi vosa primeira fase de lectura? Habédesvos enganchado ás desventuras de Ana? Eu moito e iso que xa é a terceira vez que o leo. Unha anécdota que non lembraba e encantoume foi a do profesor que castiga a Ana por paroleira. Paréceme que todos nós temos moito que aprender da actitude de ambos.

El castígaa con moito sentido do humor e ela tómallo coma un reto. Os dous aprenden e melloran co ocorrido.

É así como vos reprendemos? Temos os profesores do Fontem Albei a arte do Sr Kepler? E vosoutros? Tendes a mesma capacidade de autocrítica? Encantaríame que vos animásedes a contar algo que atoparades chamativo e por que. Tamén podedes contestar algunha das seguintes preguntas:


1-Que é o sionismo?

2-Está Ana namorada?

3-Cantas persoas planean esconderse no refuxio? Quen?

4-Que actividades lles están vedadas aos xudeus?

5-Que estraño obxecto leva con ela a señora Van Daan? Que levarías ti?

6-Escribe a túa propia entrada de diario e compártea connosco. (Se sentes que é demasiado persoal para compartila estarei encantada de recibila en man. Prometo gardar o segredo)


Lembrade; estaremos a comentar toda a semana--- Do luns 23 ao domingo 29

A seguinte semana (Do luns 30 ao venres 3) poderedes recoller GRATIS en conserxería o seguinte fragmento.
Subscribídevos para seguir as noticias do club de lectura e deséxovos bos libros 😆💗😆😊



14 oct 2023

Clube de lectura; Empezamos!!!

A nena da foto é Ana Frank. 

Escribiu un dos Diarios máis famosos do século XX. Anna estaba oculta coa súa familia e outras persoas nun pequeño refuxio en Amsterdam para non ser atopada polas autoridades nazis. Era xudía.


Queres saber máis sobre ella? Empezamos a ler o seu Diario no clube de lectura

Tendes toda a semana para recoller o primeiro fragmento GRATIS en conserxería. A semana que ven (do 22 ao 29 de outubro) estaremos comentando o lido no blog da biblioteca

Subscribídevos para seguir a lectura e comentar!!!! :)

8 oct 2023

Quen é esta rapaza?

 

Ola rapazada!

Empezamos semana é se presenta a vos o Clube de lectura do ilustrísimo e inmellorable Ies Fontem Albei.

Empezamos preguntado quen é esta rapaza. Se o sabedes que se note. Deixade o voso comentario con nome ou inicial (porque os hai tímidos ;) ) e a vosa clase.

Se non o sabedes invítovos a facer un exercicio da imaxinación. Non busquedes, pillíns. Inventade unha identidade para a nena e a ver como de cerca quedades da verdade ;)

Apertas dende o equipo da biblioteca 😊

11 abr 2023

Novidades do mes de abril

 Despois destes días de vacacións, volvemos con máis forza para enfrontármonos ao último trimestre. 

Como xa é costumo, co novo mes chegan as novidades! Aí van:

- Lixeiro, de Ismael Ramos

- Celebración, de Gonzalo Hermo

- Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo

- El fantasma de Canterville y otros cuentos, de Oscar Wilde

- Escapa del museo, de Fabien Clavel

- Las chicas de la 305, de Ana Alcolea

- Alzar la voz, de Ana Alonso

- Nariz de payaso, de Jordi Sierra i Fabra

- Carrusel, de Berta Dávila

Pasade polo andel da entrada e botádelles un ollo, seguro que algún vos convence.




3 abr 2023

Na Fonsagrada dicimos...

REDROLLO!!!

A fala da comarca da Fonsagrada ten muitas palabras e expresióis que a fain rica e diversa. Muitas delas estámolas perdendo ao usarmos a palabra castelá ou galega doutras zonas. Deixa a túa palabra nos cadernos que encontrarás nos locais da Fonsagrada e non deixes de usala. A súa supervivencia depende de nós!!!
Interveñen: Dalia, Nerea, Uxía, Lucía, Ana, Ainara, Nico, Pedro e Miguel (Alumnado de 2º ESO do IESP Fontem Albei)

3 mar 2023

Novidades do mes de marzo

Para este mes de marzo recomendámosvos as seguintes lecturas: 
- Autobiografía, de Charles Darwin
- A vida na Grecia clásica, de Alfonso Blanco
- La vuelta al mundo de un forro polar rojo, Wolfgang Korn
- Filósofas o barbarie
- Tutankamón. El descubrimiento de la tumba, de María Carme Roca
- Estranxeiras, Carmen P. G. Granxeiro
- El cuerpo humano, de Bill Bryson

Agardamos que vos gusten!