Para ilustrar a "viaxe" que fixeron os alumnos de 1º da ESO para coñecer a biblioteca, eles mesmos elaboraron un cartel que estivo exposto á entrada da mesma:
25 oct 2015
22 oct 2015
NO MES DE OUTUBRO, MES DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, OS ALUMNOS DE 1º DA ESO VAN DE "VIAXE"...
Este curso, celebramos o mes das bibliotecas escolares cunha viaxe moi especial. Os alumnos e alumnas de 1º da ESO "voarán" pola biblioteca para coñecer os segredos que se agachan nela. Os guías de tal viaxe serán os nosos ilustres axudantes de biblioteca, voluntariosos alumnos e alumnas doutros cursos que lles axudarán a explorar os máis recónditos lugares. Explicaránlles cómo funciona a biblioteca, entregaránlles os carnés e incluso lles falarán dalgunhas obras que leron. Ademáis todos terán algún pequeno agasallo.
Esperamos que descubran que "os libros son paxaros con cen ás para voar"!!!
15 sept 2015
Estamos de volta!
Afonsa está de volta. Xa nos tardaba empezar o curso. Estamos desexando empezar a disfrutar dos libros e novidades deste curso.
Bo inicio!
Bo inicio!
23 jun 2015
Bo Verán e boas lecturas
Hoxe foi o día de entrega de notas e de levar libros prestados para o verán. Foi moi agradable ter a biblioteca a pleno rendemento toda a mañá.
Afonsa espera que pasedes un verán cheo de boas lecturas.
Vémonos en setembro!
Afonsa espera que pasedes un verán cheo de boas lecturas.
Vémonos en setembro!
19 jun 2015
"Os camiños do tempo.O documental"
Hoxe que estamos de fin de curso, tivemos a estrea do documental "Os camiños do tempo". Despois de facer a estrea no CGAI na Coruña o pasado día 12 de xuño, hoxe tocou mostrar o traballo na Fonsagrada. E como nos encanta compartilo, para todos aqueles que o queirades ver... Aquí o tedes! Podedes velo facendo click AQUI
18 jun 2015
Lecturas para o verán
Xa chega a época estival e Afonsa quere que pasedes unhas vacacións lectoras o mais divertidas posibles.
Na entrada da biblioteca tedes recomendacións literarias para o verán, e recordade que dentro da biblioteca tedes moitísimos libros moi interesantes e divertidos que podedes levar para ler no verán!
Na entrada da biblioteca tedes recomendacións literarias para o verán, e recordade que dentro da biblioteca tedes moitísimos libros moi interesantes e divertidos que podedes levar para ler no verán!
1 jun 2015
O rincón dos artistas
Non tiñamos ningunha dúbida de que os nosos alumnos eran uns verdadeiros artistas. E como queriamos compartilo fixemos o noso propio "Rincón dos artistas" Fixádevos que traballos tan incribles!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



