Dicen que " gallegos y asturianos, primos hermanos"... Saúl, Daniel, Martín. asturianos, e Miguel, galego de pura cepa. |
O venres 13 celebramos o Día das Letras Galegas no Fontem Albei coa lectura de poemas do homenaxeado Manuel María, por parte dos alumnos de 4º da ESO, e organizado polo departamento de Lingua Galega. Os poemas estaban expostos nunha presentación con imaxes alusivas á temática de cada verso. En breve estarán as fotos no Facebook do instituto.
Na biblioteca expuxemos a vida e obra do noso autor na bandeira de Galicia, terra pola que loitou tanto dende a política como dende a súa obra literaria, e tamén sacamos os fondos que todos tedes á vosa diaposición en Afonsa.
No corredor, un poema de Manuel María recórdanos a importancia do noso idioma, e xunto a el unha pequena homenaxe ao escritor finado iste 2016, Xosé Neira Vilas. E xa que todos @s alumnos do IES Fontem Albei leron a obra de Neira Vilas, Memorias dun neno labrego, algúns deles deixaron constancia por escrito da súa opinión respecto á obra máis leida e traducida da literatura galega.
No hay comentarios:
Publicar un comentario