DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016 (I)
Iste 17 de Maio adícase o Día das Letras Galegas a Manuel María Fernández Teixeiro, ao que coñecemos como Manuel María. Naceu en 1929, en Outeiro de Rei (Lugo) e trasládase a Lugo para estudar o bacharelato e é nesta cidade onde comenza, moi noviño, o seu percorrido polo mundo literario.
A súa vida estivo moi relacionada coa política; traballou como Procurador dos tribunais en Monforte, participou clandestinamente na reorganización dos partidos nacionalistas aló polos axitados anos 60 e 70, e foi elexido concelleiro en 1970. Abandona a militancia política en 1985 e dende entón adícase exclusivamente á súa obra literaria e a labores culturais sempre relacionadas co impulso e defensa da lingua galega, ata a súa morte que tivo lugar no ano 2004 na cidade da Coruña.
Manuel María deixounos unha obra extensa e que recolle diversidade de xéneros que van dende o ensaio, poesía, teatro...
No hay comentarios:
Publicar un comentario