3 ene 2024

Feliz ano e reunión lectora :)



Ola xente lectora,
O primeiro, desexarvos unha moi feliz entrada de ano.
...e tamén un moi feliz resto de ano ;)
Seguramente aínda esteades a apurar os derradeiros días de excesos e descanso pero eu quería escribirvos xa para que cando volvades ao instituto xa teñades esta mensaxe dispoñible.
Quedaramos en rematar o fragmento 4 do Diario e eu xa o acabei. Non vos preocupedes se vós non, as vacacións son así. Xa iremos collendo ritmo e poñéndonos ao día ;)
Non sei se vos fixastes que a última entrada do libro corresponde ao día 7 xaneiro de 1944.
Estiven pensando que creo que é unha maneira xenial de pechar esta lectura conxunta e que quen queira que siga léndoo pola súa conta. Tedes unha copia da obra na biblio e hai pdfs por internet xa que os dereitos de autor están caducados.
Anímovos a que continuedes e me vaiades contando que vos parece.
Como grupo quero que empecemos novas lecturas este ano. Pensei que a seguinte podía ser un relato. Encantaríame que me suxerírades algúns.
Sei que os relatos son máis rápidos de ler e coa de cousas que temos todos quizais sexa mellor opción.
Que vos apetece? fantasía? medo? autobiografía? ficción contemporánea? algo clásico? deixádeme vosas suxestións en comentarios :)
Tamén quero que nos reunamos para comentar os últimos dous fragmentos do Diario. Pensei que o mércores 17 pode ser boa data. (Coméntanme que hai excursión ese día, así que quedamos para XOVES 18)
Me podedes ir dicindo se vos vai ben e xa vos confirmo que sexa esa a data.
Ata ese día aproveitade moito e pasádeo ben.


Un abrazo bibliófilo.
Fonsita :)