25 nov 2023

Fragmento 3

Ola xente lectora,

Os habitantes do anexo levan xa un ano pechados e o desánimo e o mal humor fan diana neles. Ana síntese atacada constantemente e trata de atopar consolo no pai. Faime moita graza como Ana non aforra ao lector os pormenores que suceden no baño tanto a ela como ao resto do grupo. Os libros non adoitan falar destas cousas e creo que lle confire naturalidade ao texto.
Seguen estudando e aprendendo. Tamén respectan a hixiene e o rizado do pelo, outra cousa que me chama a atención pois creo que no seu lugar hai tempo que me movería polo piso cun moñete en todo o alto.

Os habitantes teñen tamén ás veces pensamentos positivos pois parece que algúns estudantes holandeses apoian a causa xudía. Os italianos proscribiron o partido fascista e o pobo italiano os combate en moitos lugares. Parece que, igual que a todos nós, as malas sensacións mestúranse coas boas e hai días de todo tipo.

E a ti, como che vai coa lectura? Podes lembrar que obxecto lles reclaman as autoridades aos civís e os do piso non queren soltar? E o inconveniente que teñen co gato? desfaise dos ratos si pero que lles deixa a cambio?

E dinos, que crees que che consolaría a ti se estiveses atrapado como os nosos protagonistas?
Anímate a escribir unha nova entrada de diario e a comentar estas preguntas e que che está gustando e non desta experiencia lectora.

Un abrazo e boas lecturas😃

16 nov 2023

Reunión do club e novo fragmento

 Ola lestor@s,

Encantoume reunirme convosco a comentar o libro e a comer galletas. 

Contáchedesme un pouco as vosas impresións e me transmitíchedes que iades tentar seguir coa lectura.

Parece que todos nos sentimos sorprendidos polo estudosa e constante que era Ana. Tamén nos fixo graza o do penico da señora Van Daan.

Así que imos seguir co Diario.

Deixareivos un novo fragmento en consergería para que poidades ler ao longo da semana que vén. 

Non volo perdades e seguimos comentando!!!

Un abrazo e boas lecturas :)

12 nov 2023

Reunímonos no recreo do mercores 15 novembro

Reunímonos na recreo do mércores 15 de novembro. Achégate a biblioteca a comentar os dous primeiros fragmentos do Diario de Ana Frank. 

Esperámosvos :)

5 nov 2023

Comentamos o Fragmento 2

 Ola lector@s,

Como foi esta semana de lectura? A historia xa vai avanzando e Ana cóntanos como se sinte no refuxio e con respecto a cada un dos seus membros.

A miña parte favorita desta semana foi a historia da rabieta de Peter por non obter o permiso para ler o libro prohibido. Síntome moi identificado con el pois non me gustaría que me prohibisen ler nada. 

Na célebre obra Farenheit 451 a lectura de libros está prohibida e a pouca xente que le o fai a escondidas e poñendo en perigo a súa integridade. 

Eu creo que se prohibísemos a lectura as persoas lerían máis. Somos espíritos de contradición. 

Que pensades vos:?

1- Coñecedes a obra Farenheit 451? Vos chama a atención? Credes que leríamos máis se fose unha activide prohbida?

2- Cal é o castigo que impón o goberno holandés aos saboteadores?

3- Que sinte Ana cando, tras ano e medio, relé o escrito nos primeiros tempos escondidos?

4- Que che parece a lectura deste Diario? Sentes empatía por Ana? Entendes os seus sentimentos cara a súa nai, irmá e pai? 

5- Se te sentes inspirad@ escribe a túa propia entrada de Diario  

Carl Spitzweg - Der arme Poet (Neue Pinakothek) Imaxe da Wikipedia