11 feb 2023

Día da Muller e a Nena na Ciencia

 Para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, desde a Biblio propuxemos unha actividade que consistía en caracterizarse como unha muller científica e este foi o resultado:










2 feb 2023

Concurso Chíos de amor

A partir da Candeloria ningunha ave voa soa.

Hoxe, 2 de febreiro, é o Día da Candeloria. Para o celebrar o mes do amor, o preludio da primavera, cando casan os paxariños... organizamos o concurso Chíos de amor. Consiste en crear unha mensaxe de 280 caracteres onde expreses que é para ti o amor e mesmo pode estar ilustrada. O prazo para participar vai desde hoxe até o 14 de febreiro, Día dos Namorados
Aquí embaixo podedes ler as bases.




1 feb 2023

Novidades do mes de febreiro

 Comeza o mes do Entroido e traemos novidades!!! Para alén do último número do Papagaio, presentámosvos:

- O moucho voa, de Miguel Vázquez Freire: Un libro para introducirnos na Filosofía.

- Negras, de Daniel Asorey: Un poemario crítico coa realidade, inconformista e rebelde.

- Las aventuras de Arsene Lupin, ladrón y caballero, de Maurice Leblanc: O máis perigoso ladrón de toda Francia foi capturado pola Policía, mais isto non é un impedimento para que o cabaleiro ladrón siga coas súas aventuras. 

- As malas mulleres, de Marilar Aleixandre: Ficción, mais tamén se fala dunha época na que se visibiliza o labor de figuras como Juana de Vega, Pepa a Loba ou Concepción Arenal e mesmo de vidas de mulleres encarceradas na prisión da Galera coruñesa.

- Non penses nun elefante rosa, Antía Yáñez: Novela que fala da saúde mental sen renunciar ao humor.

- Que me pare o corazón se te esquezo, de Andrea Maceiras: Nesta historia están presentes as luces e sombras das redes sociais, todas as verdades e mentiras que van compoñendo as stories, os vídeos e as fotografías  destinados a lograr unha perfección imposible, unha fama efémera, que se desfai coma fume entre os dedos pero que produce vertixe a quen a acada.




24 ene 2023

#DígochoLeu! Necesitamos o teu apoio

 No IES Fontem Albei estamos orgullosxs da lingua que falamos e por iso participamos no concurso que organiza o programa #DígochoEu. Aínda non viches o vídeo? Preme en cada unha das seguintes ligazóns para que o noso vídeo aumente as visualizacións !


Axúdasnos a difundilo? Pásallo ás túas amizades, comparte nas redes sociais... Así teremos máis oportunidades de gañar! #DígochoLeu


Moitas grazas!


13 ene 2023

Novidades do mes de xaneiro

Antes de nada... FELIZ ANO! Como vai esta primeira semana despois das vacacións de Nadal? Esperamos que con moitas forzas para o que nos queda por diante. 

Aínda non vistes as novidades da biblio deste mes? Non vos preocupedes, aquí volas deixamos:

- El infinito en un junco, de Irene Vallejo: Un percorrido pola historia dos libros desde o mundo clásico até a actualidade. 

Xestas olímpicas, Héctor Cajaraville: Un libro para quen ama o deporte.

- Los cuadernos de Esther, Riad Sattouf: Novela gráfica sobre algunhas vivencias dunha adolescente francesa.

- Harry Potter y la filosofía, William Irwin e Gregory Bassham: Un libro que utiliza as historias de Potter para mostrar ideas de grandes pensadores.

- Que sabes da Guerra Civil e o franquismo?, Manuel Veiga Taboada: Acontecementos da nosa historia recente que aínda provocan fortes polémicas, mais tamén descoñecemento. Coñecer o pasado axúdanos a entender o presente. 

- Un geólogo en apuros, Nahúm Méndez: Un repaso pola historia do noso planeta desde antes da súa formación até o futuro da Terra desde un punto de vista xeolóxico. 

- Xornal O papagaio

Por cal che gustaría comezar?




21 dic 2022

Recomendacións literarias para o Nadal

Sabemos que o tempo de Nadal é para convivir, desfrtar, compartir, soñar, desconectar, viaxar... O equipo da biblio quere que fagades todo o anterior a través dos libros, por iso queremos facervos unhas recomendacións lectoras. Animádevos a pasar pola biblio antes das vacacións e escollede unha aventura para pasar o Nadal!





25 nov 2022

25N Día Internacional contra a Violencia de Xénero



    
No día de hoxe, 25N, quixemos xuntarnos ao alumnado do CEIP Santa María e da Escola Infantil para sumármonos ás reivindicacións e mobilizacións que se están levando a cabo en diferentes partes do mundo. Porque máis alá das violencias máis visíbeis e extremas, como a violencia sexual ou os feminicidios, existen moitas outras que normalmente pasan desapercibidas, como a económica, a laboral, a institucional, a psicolóxica, a trata de persoas ou a obstétrica, entre outras.
    Por iso, consideramos que é urxente erradicar os piares que xustifican as agresións, as discriminacións, as desigualdades e os obstáculos que sofren as mulleres, as nenas e outros colectivos invisibilizados ou considerados fóra da norma xeral. 
    Esta mañá, gardamos un minuto de silencio por todas as vítimas e lemos o manifesto, o cal podedes escoitar no vídeo de embaixo. Ademais, durante esta semana estivemos traballando para crear un mural, onde o artista Amador Arias colaborou co deseño central e a quen lle queremos mostrar o noso fondo agradecemento. 

NIN UNHA MENOS!