11 feb 2023

Día da Muller e a Nena na Ciencia

 Para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, desde a Biblio propuxemos unha actividade que consistía en caracterizarse como unha muller científica e este foi o resultado:










2 feb 2023

Concurso Chíos de amor

A partir da Candeloria ningunha ave voa soa.

Hoxe, 2 de febreiro, é o Día da Candeloria. Para o celebrar o mes do amor, o preludio da primavera, cando casan os paxariños... organizamos o concurso Chíos de amor. Consiste en crear unha mensaxe de 280 caracteres onde expreses que é para ti o amor e mesmo pode estar ilustrada. O prazo para participar vai desde hoxe até o 14 de febreiro, Día dos Namorados
Aquí embaixo podedes ler as bases.




1 feb 2023

Novidades do mes de febreiro

 Comeza o mes do Entroido e traemos novidades!!! Para alén do último número do Papagaio, presentámosvos:

- O moucho voa, de Miguel Vázquez Freire: Un libro para introducirnos na Filosofía.

- Negras, de Daniel Asorey: Un poemario crítico coa realidade, inconformista e rebelde.

- Las aventuras de Arsene Lupin, ladrón y caballero, de Maurice Leblanc: O máis perigoso ladrón de toda Francia foi capturado pola Policía, mais isto non é un impedimento para que o cabaleiro ladrón siga coas súas aventuras. 

- As malas mulleres, de Marilar Aleixandre: Ficción, mais tamén se fala dunha época na que se visibiliza o labor de figuras como Juana de Vega, Pepa a Loba ou Concepción Arenal e mesmo de vidas de mulleres encarceradas na prisión da Galera coruñesa.

- Non penses nun elefante rosa, Antía Yáñez: Novela que fala da saúde mental sen renunciar ao humor.

- Que me pare o corazón se te esquezo, de Andrea Maceiras: Nesta historia están presentes as luces e sombras das redes sociais, todas as verdades e mentiras que van compoñendo as stories, os vídeos e as fotografías  destinados a lograr unha perfección imposible, unha fama efémera, que se desfai coma fume entre os dedos pero que produce vertixe a quen a acada.