Parece que temos una canteira de escritores e poetas no noso centro porque aparecen premios por todas as esquinas, e proba de elo son Claudia Fernández Villabrille co conto “A serea”, Víctor Enríquez Álvarez co relato “O unicornio” e Alba Díaz Barro co título "Era un día normal e corrente”, que acadaron o primeiro, segundo e terceiro premio , respectivamente, do concurso do Día das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Pública da Fonsagrada.
Pero ademáis a creatividade chega tamén á parte poética xa que Fabián Niño, de 3º da ESO, gañou o 2º premio de poesía Rosalía de Castro.
Moitas felicitacións a todos polo voso traballo. Ben feito rapaces e rapazas!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario