O 10 de decembro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental. Desde a biblioteca buscamos traer á luz a importancia do benestar psicolóxico, chamar a atención sobre a relevancia do coidado da nosa mente e darlle visibilidade a transtornos latentes na sociedade como a ansiedade, a depresión, o TOC, a bipolaridade ou mesmo aos transtornos alimentares como a bulimia e a anorexia, entre outros. Por iso fixemos unha selección de libros relacionados con esta temática que podedes encontrar na biblio do centro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario