O pasado mércores 22 os grupos de 3o e 4o da ESO asistiron no CPR
San Xosé de Lugo a unha charla da
escritora María Solar, autora da novela Os nenos da varíola.
Nunha amena
exposición a autora falou do letal que era esta enfermidade,
mostrándonos imaxes de persoas
afectadas e, a raíz diso, recalcou o importante que foi para toda a humanidade a
extensión da vacina, que tivo o seu punto de inicio no porto da
Coruña e grazas, entre
outros, a nenos pertencentes aos hospicios de Santiago e da Coruña.
A Real Expedición
Filantrópica da Vacina que levou a cura desta enfermidade cara a
América foi un fito importante na
historia mundial e a autora opina que debería ser un feito que
debería
formar parte do
currículo escolar.
María Solar
contounos como chegou a investigar sobre este asunto e escribir a
novela e
falounos dos
personaxes reais desta expedición: o doutor Balmis, a enfermeira
Isabel
vacina nesta
arriscada expedición. A autora quixo sacar do anonimato a estes
nenos e
facerlles unha
homenaxe neste libro para que non quedasen no esquezo.
Realmente foi unha
charla moi interesante. Os rapaces xa tiñan lido a novela e
fixéronlle varias preguntas á
autora sobre el. Como broche final grazas á amabilidade da
escritora,
puidemos facer unha
foto de todo o grupo con ela.
Moitas grazas, María
Solar, por achegarnos a túa sabedoría pero tamén a paixón e
entrega
posta nas empresas
que levas a cabo, buscando o lado mais humano da realidade, e que s
tan ben sabes
transmitir.
Logo desta charla
fomos tamén a Rocolugo, o rocódromo de Lugo inaugurado
recentemente, e alí
a rapazada disfrutou escalando e incluso facendo xogos propostos
polos monitores.
Foi unha mañá
completa e ben aproveitada na que tiveron cabida a literatura e o
deporte.
No hay comentarios:
Publicar un comentario