Comeza o mes do Entroido e traemos novidades!!! Para alén do último número do Papagaio, presentámosvos:
- O moucho voa, de Miguel Vázquez Freire: Un libro para introducirnos na Filosofía.
- Negras, de Daniel Asorey: Un poemario crítico coa realidade, inconformista e rebelde.
- Las aventuras de Arsene Lupin, ladrón y caballero, de Maurice Leblanc: O máis perigoso ladrón de toda Francia foi capturado pola Policía, mais isto non é un impedimento para que o cabaleiro ladrón siga coas súas aventuras.
- As malas mulleres, de Marilar Aleixandre: Ficción, mais tamén se fala dunha época na que se visibiliza o labor de figuras como Juana de Vega, Pepa a Loba ou Concepción Arenal e mesmo de vidas de mulleres encarceradas na prisión da Galera coruñesa.
- Non penses nun elefante rosa, Antía Yáñez: Novela que fala da saúde mental sen renunciar ao humor.
- Que me pare o corazón se te esquezo, de Andrea Maceiras: Nesta historia están presentes as luces e sombras das redes sociais, todas as verdades e mentiras que van compoñendo as stories, os vídeos e as fotografías destinados a lograr unha perfección imposible, unha fama efémera, que se desfai coma fume entre os dedos pero que produce vertixe a quen a acada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario