25 nov 2023
Fragmento 3
16 nov 2023
Reunión do club e novo fragmento
Ola lestor@s,
Encantoume reunirme convosco a comentar o libro e a comer galletas.
Contáchedesme un pouco as vosas impresións e me transmitíchedes que iades tentar seguir coa lectura.
Parece que todos nos sentimos sorprendidos polo estudosa e constante que era Ana. Tamén nos fixo graza o do penico da señora Van Daan.
Así que imos seguir co Diario.
Deixareivos un novo fragmento en consergería para que poidades ler ao longo da semana que vén.
Non volo perdades e seguimos comentando!!!
Un abrazo e boas lecturas :)
12 nov 2023
Reunímonos no recreo do mercores 15 novembro
Reunímonos na recreo do mércores 15 de novembro. Achégate a biblioteca a comentar os dous primeiros fragmentos do Diario de Ana Frank.
Esperámosvos :)
5 nov 2023
Comentamos o Fragmento 2
Ola lector@s,
Como foi esta semana de lectura? A historia xa vai avanzando e Ana cóntanos como se sinte no refuxio e con respecto a cada un dos seus membros.
A miña parte favorita desta semana foi a historia da rabieta de Peter por non obter o permiso para ler o libro prohibido. Síntome moi identificado con el pois non me gustaría que me prohibisen ler nada.
Na célebre obra Farenheit 451 a lectura de libros está prohibida e a pouca xente que le o fai a escondidas e poñendo en perigo a súa integridade.
Eu creo que se prohibísemos a lectura as persoas lerían máis. Somos espíritos de contradición.
Que pensades vos:?
1- Coñecedes a obra Farenheit 451? Vos chama a atención? Credes que leríamos máis se fose unha activide prohbida?
2- Cal é o castigo que impón o goberno holandés aos saboteadores?
3- Que sinte Ana cando, tras ano e medio, relé o escrito nos primeiros tempos escondidos?
4- Que che parece a lectura deste Diario? Sentes empatía por Ana? Entendes os seus sentimentos cara a súa nai, irmá e pai?
5- Se te sentes inspirad@ escribe a túa propia entrada de Diario
Carl Spitzweg - Der arme Poet (Neue Pinakothek) Imaxe da Wikipedia
29 oct 2023
Seguimos lendo
Ola lectores,
Seguimos lendo. A partir de mañá teredes dispoñible o fragmento dous do Diario. Se queredes comentar algo máis do primeiro fragmento podedes facelo na entrada anterior. Animádevos a compartir as vosas opinións.
Un saúdo e boas lecturas
22 oct 2023
Esta semana comentamos o primeiro fragmento
Empezamos a comentar: Fragmento 1 (páxinas 21-47)
Ola lectorxs, Como foi vosa primeira fase de lectura? Habédesvos enganchado ás desventuras de Ana? Eu moito e iso que xa é a terceira vez que o leo. Unha anécdota que non lembraba e encantoume foi a do profesor que castiga a Ana por paroleira. Paréceme que todos nós temos moito que aprender da actitude de ambos.
El castígaa con moito sentido do humor e ela tómallo coma un reto. Os dous aprenden e melloran co ocorrido.
É así como vos reprendemos? Temos os profesores do Fontem Albei a arte do Sr Kepler? E vosoutros? Tendes a mesma capacidade de autocrítica? Encantaríame que vos animásedes a contar algo que atoparades chamativo e por que. Tamén podedes contestar algunha das seguintes preguntas:
1-Que é o sionismo?
2-Está Ana namorada?
3-Cantas persoas planean esconderse no refuxio? Quen?
4-Que actividades lles están vedadas aos xudeus?
5-Que estraño obxecto leva con ela a señora Van Daan? Que levarías ti?
6-Escribe a túa propia entrada de diario e compártea connosco. (Se sentes que é demasiado persoal para compartila estarei encantada de recibila en man. Prometo gardar o segredo)
Lembrade; estaremos a comentar toda a semana--- Do luns 23 ao domingo 29
14 oct 2023
Clube de lectura; Empezamos!!!
A nena da foto é Ana Frank.
Escribiu un dos Diarios máis famosos do século XX. Anna estaba oculta coa súa familia e outras persoas nun pequeño refuxio en Amsterdam para non ser atopada polas autoridades nazis. Era xudía.
Queres saber máis sobre ella? Empezamos a ler o seu Diario no clube de lectura
Tendes toda a semana para recoller o primeiro fragmento GRATIS en conserxería. A semana que ven (do 22 ao 29 de outubro) estaremos comentando o lido no blog da biblioteca
Subscribídevos para seguir a lectura e comentar!!!! :)
8 oct 2023
Quen é esta rapaza?
Ola rapazada!
Empezamos semana é se presenta a vos o Clube de lectura do ilustrísimo e inmellorable Ies Fontem Albei.
Empezamos preguntado quen é esta rapaza. Se o sabedes que se note. Deixade o voso comentario con nome ou inicial (porque os hai tímidos ;) ) e a vosa clase.
Se non o sabedes invítovos a facer un exercicio da imaxinación. Non busquedes, pillíns. Inventade unha identidade para a nena e a ver como de cerca quedades da verdade ;)
Apertas dende o equipo da biblioteca 😊
11 abr 2023
Novidades do mes de abril
Despois destes días de vacacións, volvemos con máis forza para enfrontármonos ao último trimestre.
Como xa é costumo, co novo mes chegan as novidades! Aí van:
- Lixeiro, de Ismael Ramos
- Celebración, de Gonzalo Hermo
- Cando petan na porta pola noite, de Xabier P. DoCampo
- El fantasma de Canterville y otros cuentos, de Oscar Wilde
- Escapa del museo, de Fabien Clavel
- Las chicas de la 305, de Ana Alcolea
- Alzar la voz, de Ana Alonso
- Nariz de payaso, de Jordi Sierra i Fabra
- Carrusel, de Berta Dávila
Pasade polo andel da entrada e botádelles un ollo, seguro que algún vos convence.
3 abr 2023
Na Fonsagrada dicimos...
REDROLLO!!!
3 mar 2023
Novidades do mes de marzo
11 feb 2023
Día da Muller e a Nena na Ciencia
Para celebrar o Día da Muller e a Nena na Ciencia, desde a Biblio propuxemos unha actividade que consistía en caracterizarse como unha muller científica e este foi o resultado:
2 feb 2023
Concurso Chíos de amor
A partir da Candeloria ningunha ave voa soa.
1 feb 2023
Novidades do mes de febreiro
Comeza o mes do Entroido e traemos novidades!!! Para alén do último número do Papagaio, presentámosvos:
- O moucho voa, de Miguel Vázquez Freire: Un libro para introducirnos na Filosofía.
- Negras, de Daniel Asorey: Un poemario crítico coa realidade, inconformista e rebelde.
- Las aventuras de Arsene Lupin, ladrón y caballero, de Maurice Leblanc: O máis perigoso ladrón de toda Francia foi capturado pola Policía, mais isto non é un impedimento para que o cabaleiro ladrón siga coas súas aventuras.
- As malas mulleres, de Marilar Aleixandre: Ficción, mais tamén se fala dunha época na que se visibiliza o labor de figuras como Juana de Vega, Pepa a Loba ou Concepción Arenal e mesmo de vidas de mulleres encarceradas na prisión da Galera coruñesa.
- Non penses nun elefante rosa, Antía Yáñez: Novela que fala da saúde mental sen renunciar ao humor.
- Que me pare o corazón se te esquezo, de Andrea Maceiras: Nesta historia están presentes as luces e sombras das redes sociais, todas as verdades e mentiras que van compoñendo as stories, os vídeos e as fotografías destinados a lograr unha perfección imposible, unha fama efémera, que se desfai coma fume entre os dedos pero que produce vertixe a quen a acada.
24 ene 2023
#DígochoLeu! Necesitamos o teu apoio
No IES Fontem Albei estamos orgullosxs da lingua que falamos e por iso participamos no concurso que organiza o programa #DígochoEu. Aínda non viches o vídeo? Preme en cada unha das seguintes ligazóns para que o noso vídeo aumente as visualizacións !

13 ene 2023
Novidades do mes de xaneiro
Antes de nada... FELIZ ANO! Como vai esta primeira semana despois das vacacións de Nadal? Esperamos que con moitas forzas para o que nos queda por diante.
Aínda non vistes as novidades da biblio deste mes? Non vos preocupedes, aquí volas deixamos:
- El infinito en un junco, de Irene Vallejo: Un percorrido pola historia dos libros desde o mundo clásico até a actualidade.
- Xestas olímpicas, Héctor Cajaraville: Un libro para quen ama o deporte.
- Los cuadernos de Esther, Riad Sattouf: Novela gráfica sobre algunhas vivencias dunha adolescente francesa.
- Harry Potter y la filosofía, William Irwin e Gregory Bassham: Un libro que utiliza as historias de Potter para mostrar ideas de grandes pensadores.
- Que sabes da Guerra Civil e o franquismo?, Manuel Veiga Taboada: Acontecementos da nosa historia recente que aínda provocan fortes polémicas, mais tamén descoñecemento. Coñecer o pasado axúdanos a entender o presente.
- Un geólogo en apuros, Nahúm Méndez: Un repaso pola historia do noso planeta desde antes da súa formación até o futuro da Terra desde un punto de vista xeolóxico.
- Xornal O papagaio
Por cal che gustaría comezar?