Novembro é o Mes da Ciencia en galego. Ben é certo que o sistema cultural galego centrou nas artes e nas humanidades os seus esforzos na difusión da lingua galega. Mais... onde ficou a ciencia? A maior parte das publicacións científicas son publicadas en inglés para teren un maior impacto, mais non por isto se debe renunciar á nosa lingua nai.
O galego precisa tamén da ciencia para sobrevivir e prestixiarse, para que non deixe de existir o que se deixa de nomear. Precisamos escribir e falar de matemáticas, de física, de astronomía, de química e de bioloxía. Precisamos dicir “xofre”, “Xúpiter”, “fungo”, “casula”e “funil”; “xene”, “ollomol”, “píntega”, “amieiro” ou “ril”. Así conseguiremos ter, algún día, unha verdadeira lingua de laboratorio.
Este ano 2022 os homenaxeados son o matemático francés Evaristo Galois e a oceanógrafa e zoóloga galega Ángeles Alvariño.
Por último, non deixedes de pasar pola biblio para empaparvos de ciencia!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario