UN
CAMIÑO, MIL CULTURAS
Ese
é o título do proxecto levado a cabo no noso Centro durante o
pasado mes de Marzo. Seguindo na liña do traballo feito no
curso pasado, o alumnado constituíuse nun “Congreso” no que cada
grupo expuxo ao resto dos compañeiros distintos proxectos de mellora
da accesibilidade e de proxección da vila coa finalidade de que os
peregrinos que se achegan á zona poidan disfrutar de todos os
aspectos da contorna da Fonsagrada. O proxecto podería aplicarse a
calquera vila do camiño de Santiago.
Bibliografía sobre O Camiño que se pode consultar na biblioteca. |
Para
elaborar cada proxecto de mellora do Camiño partíuse do Código
Ético Mundial Do Turismo, cuxos 10 artigos serviron de base e guía.
O CEMT é un documento, elaborado pola Organización Mundial Do
Turismo, que auna pretensións humanistas, económicas e culturais en
pro dun turismo responsable.
Turismo
e peregrinaxe constitúen un todo que a zona de Fonsagrada necesita
desenvolver e revalorizar, e dende o noso Centro poñemos o noso
graniño de area para que isto sexa posible.
Os
alumnos de 4º da ESO, veteranos participantes no curso anterior,
foron os encargados da organización.
No hay comentarios:
Publicar un comentario