24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Neste curso imos celebrar o 24 de Outubro, Día das Bibliotecas Escolares, cunha exposición sobre bibliotecas e librarías de España curiosas. Queremos evocar ese "olor a libro" e as súas conotacións de lugar acolledor e máxico no que se pode atopar a boa compañia dun libro ou incluso un bo viño, unha "barbacoa literaria"...
E non é botarlle imaxinación, xa que na exposición podedes ver Bibliotecas que vos transportarán no tempo como a da Facultade de Xeografía e Historia en Santiago de Compostela; librarías nas que atopar unha variedade de bo viño como a Libraría Biblioteca de Babel, en Palma de Mallorca; outras nas que poderás comentar as lecturas mentres saboreas unha carne á barbacoa como a Libraría Ambreta, en Valencia.
Algunhas destacan pola súa arquitectura , por exemplo a Biblioteca Pública de Jaizkibel, en Guipúzcoa, que está considerada polo revista especializada en arquitectura, AD, na súa edición alemana , como unha das dez bibliotecas máis belas do mundo. Tal título débese, segundo a publicación AD, a que antigamente foi unha estación de tren e a súa remodelación resulta sostible e adecuada ao entorno.
Aínda hai moitas máis bibliotecas e librarías de España dignas de visitar que non están aquí...
Aínda hai moitas máis bibliotecas e librarías de España dignas de visitar que non están aquí...
No hay comentarios:
Publicar un comentario