Xa todos sabemos que A Fonsagrada é unha terra chea de cousas marabillosas. E a todas elas vense a sumar o achádego dun manuscrito en coiro. Todo fai pensar que se trata dunha peza de hai 500 anos.
Varios expertos prestáronse voluntarios para investigar e descifrar de que se trata.
Así se recolle a nova no xornal El Progreso.
21 abr 2015
20 abr 2015
Chegou a primavera
Afonsa notou a chegada da primavera e ten un aire renovado despois do longo e branco inverno.
¿Ainda non viches o bonita que está?
¿A que esperas?E ademais poderas ver no andel de novidades todos os volumes novos que chegaron despois das vacacións do 2º trimestre.
Esperámoste!
¿Ainda non viches o bonita que está?
¿A que esperas?E ademais poderas ver no andel de novidades todos os volumes novos que chegaron despois das vacacións do 2º trimestre.
Esperámoste!
6 mar 2015
8 de marzo no Fontem Albei
Dende o Fontem Albei querémonos unir á celebración do Día da Muller. E queremos adicarlle especialmente este día ás mulleres escritoras, xa que elas coas suas obras e pensamentos empezaron a cambiar o mundo.
Fixemos un mural cos nomes de mulleres escritoras relevantes das que tiñamos libros na biblioteca e tamén creamos un panel de pensamentos, para que ademáis dos pensamentos das mulleres elexidas puideran estar os nosos propios pensamentos.
Tamén os alumnos de 4º de PDC fixeron un mural-exposición sobre qué dereitos foron adquirindo as mulleres ao longo dos últimos 40 anos.
A actividade se prolongará ao longo de toda a semana que ven.
Non dubidedes en participar.

8 de marzo. Día internacional da muller
Aló polo 1857 un grupo de obreiras en Nova Iorque decidiron saír á rúa para facer unha protesta polas condicións miserentas nas que estaban a traballar.
Dende ese momento houbo mais movementos de protesta e folgas protagonizadas por mulleres reivindicando a igualdade salarial, a xornada laboral de 10 horas e ter tempo para poder amamantar aos seus fillos.
En 1910 na Segunda Conferencia Internacional de Mulleres Traballadoras que se celebrou en Copenhague máis de 100 mulleres aprobaron que se declarase o 8 de marzo como Día Internacional da Muller Traballadora. Actualmente celébrase o Día da Muller cada 8 de marzo.
Parece incrible que cambiaramos de século pero as mulleres sigamos coas mesmas reivindicacións. As mulleres seguimos na loita.
Guadi Galego soubo plasmar perfectamente esta loita contínua das mulleres na sua canción Matriarcas que podedes ver a continuación.
Esperemos que co paso dos anos podamos conseguir unha igualdade social entre homes e mulleres.

24 feb 2015
Día de Rosalía
Hoxe celébrase o 178 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. A gran escritora galega está presente no doodle de google de hoxe, como homenaxe de celebración do seu día. Dende o Fontem Albei tamén nos sumamos á celebración. Parabens Rosalía!!
11 feb 2015
San Valentín
Xa está todo listo para o San Valentín. Na entrada do Instituto tedes o buzón para o II Certame de cartas de amor, do que tedes as bases nas vosas clases, e o buzón de San VAlentín para que poidades enviar todas esas misivas de amor que se encargarán de repartir os "Mensaxeiros do Amor" de 2º BACH.
Animádevos a participar e que viva o amor!
Animádevos a participar e que viva o amor!
1 feb 2015
Personalidades agochadas nos códigos BIDI
Alguén sabe por qué hai tantos códigos BIDI polo Instituto? Que é o que está a pasar?....Misterio misterioso.....
Suscribirse a:
Entradas (Atom)