20 may 2013

Alumnos artistas

Do  noso Instituto saen verdadeiros artistas. O ano pasado, Oscar Mon, MC fonsagradino e alumno de 2º de BAC, elaborou a letra dun rap para o Correlingua 2012. A canción titúlase "En galego todo o que queiras" e interpretouna na Praza de Santa María en Lugo en maio de 2012.
Este ano, deu ó salto á TVG e presentouna no programa "Luar" co gallo das celebracións do Día das Letras Galegas.
Parabens Greira!!

Podedes ver o vídeo da sua actuación facendo click AQUI



16 may 2013

Vidal Bolaño e as Letras Galegas

Hoxe comezamos cos actos de conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano están adicadas a Roberto Vidal Bolaño.
Como aperitivo das actividades de Teatro, recital de poesía e Karaoke que se celebrarán tarde, tivemos ó longo da mañá un photocall "Roberto Vidal Bolaño". Podedes ver as fotos completas no Facebook do Instituto e informarvos de como foi o evento da tarde no blogue de A seimeira da Lingua.










10 may 2013

Conferencia de Tarsy Carballas

Hoxe tivemos a grande sorte de contar coa presenza de Tarsy Carballas, muller galega,lucense, e científica do CSIC dende 1965. Foi unha muller pioneira no campo da investigación e estudo da xénese,clasificación e cartografía dos solos das zonas templado-húmedas de España.
Fixo estadías investigadoras en Francia,Inglaterra, República Checa e Venezuela.
A pesar de estar xubilada segue ó mando dun grupo de investigadores no Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia.
Tarsy Carballas falounos na primeira parte da conferencia  da sua vida dende a sua Taboada natal ata os seus primeiros pasos como investigadora.
Na segunda parte centrouse nas suas investigacións no campo das Ciencias Agrarias e en especial da reforestación dos montes despois dos incendios forestais.
Esta conferencia estaba encadrada dentro dos actos do Dia Internacional da Muller que por motivos de axenda da conferenciante primeiro e polas inclemencias metereolóxicas despois, non se puido celebrar ata hoxe.
Pero pagou a pena a espera!

Aquí tedes un par de fotos. O restop odedes velas no Facebook do Instituto.




3 may 2013

Correlingua 2013. O galego a chave do mundo

Hoxe participamos no Correlingua en Lugo,que tiña como lema "O galego a chave do mundo". Pasámolo de marabilla e ademais gañamos o 2º Premio de Pancartas. Podedes ler máis sobre a noticia no blogue da Seimeira da Lingua e podedes ver todas as fotos no Facebook do Instituto.